Achegamento a WordPress

Curso de WordPress As Mariñas

Achegamento a WordPress

WordPress é o CMS máis utilizado en internet, cunha cota de uso que ronda o 30% das webs feitas.
Tamén fai parte das infraestrutura coa que está construída a plataforma que permite facer as web para empresas e entidades sociais en As Mariñas.
O próximo mércores 6 de abril, iniciamos un curso/guía de achegamento a esta ferramenta, para que os usuarios e usuarias que forman parte da comunidade, poidan iniciarse no manexo básico desta ferramenta.
Impartirémolo a través da rede social da plataforma, concretamente a través do grupo Aprendemos WordPress, e para acceder a el, tes que ser usuario/a rexistrada na plataforma, e solicitar o ingreso ao grupo.

Non se precisan coñecementos anteriores, simplemente dispoñer dun ordenador, con navegador web, e conexión a internet.

Se tes calquera dúbida, agrégate ao grupo e che responderemos ou, envíanos unha mensaxe privada na rede a @asmarinhas.