Se és unha empresa, crear o teu sitio web é gratis. Poñemos a plataforma á túa disposición (sen custo) para que poidas crear o teu sitio. En apenas minutos poderás promocionar e vender os teus produtos e servizos. Tamén podes crear unha conta de cliente e acceder aos servizos da plataforma.
Desde a túa conta de usuario/a na plataforma poderás acceder a un amplo catálogo de produtos e servizos. Tamén conectar co resto da comunidade empresarial, comunicarte e establecer sinerxías.
¿Es unha pequena empresa, freelance ou autónomo? Coa nosa plataforma gratuíta podes operar e proxectar na rede os teus produtos e/ou servizos.
Se necesitas algunha outra solución tecnolóxica seguro que podemos axudarte. Ponte en contacto con nós.
Terás un espazo de formación en liña á túa disposición. Tanto para acceder aos contidos formativos proporcionados como para construír a túa oferta propia de formación e impartir os teus propios cursos se a túa actividade o require.
Poñemos un amplo catálogo de servizos profesionais á túa disposición para que mellores as túas habilidades tecnolóxicas, a túa presenza na rede e a produtividade do teu negocio a través das tecnoloxías.
Accede ás webs e espazos de e-comercio en funcionamento. Á vez que compartes os teus, busca os produtos e servizos que necesitas entre os profesionais xa activos na comunidade.
Fai clic aquí, e accede ao directorio